Como xa rematou o curso celebramos unha gran despedida para nos, os alumnos de 6º de EP do CEIP prulilingüe Isidro Parga Pondal .
Foi grazas á nai dun alumno ,que é actriz, e ocorreúselle montar un espetáculo no que os nen@s faríamos diferentes actuación.podias escoller entre : presentador ,imitador,baile,tocar un instrumento,teatro ou algunha outra aficción.
Tivemos que ensaiar moito. As profes e outras nais axudaron a os do teatro e a os presentadores e imitadores, de vez en cando , viron como iba progresando o baile (que fixemos algunhas rapazas e inventamos nos as coreografias e as camisetas nos soas )e tamen reunianse dous dias por semana cos musicos.
Polo medio tivemos que ir facendo as invitacións para os familiares.Fixemos moitas postais e sorteámolas por votacións.
E as nais e as profes mercaron moita comida para a ocasión.
Despois de moito e moito ensaiar chegou o gran día.O expetáculo era pola tarde ,así que pola mañá fixémosllo aos nen@s do colexio e encantolles todas a actuacións.
Pola tarde todos estábamos listos e os presentadores fixeron sair a os grupos,un por un.
O fixemos todos moi ben,máis tarde cando rematara o expetáculo fumos a tomar a comida,que estaba moi,moi rica.
Grazas ás profes e ás nais pola colaboración especialmente a María Inés , que foi a ela a quen se lle ocurreu a idea.
Irene Macías Tarrío
domingo, 28 de agosto de 2011
miércoles, 22 de junio de 2011
EXCURSION DE FIN DE CURSO AO COUREL
Para celebrar que rematamos sexto de primaria fumos de excursión á serra do Courel ,
durante os días 15,16,17 de xuño.
Alí fumos a moitos lugares distintos: a Seara(e visitamos o seu mosteiro),a Parada(aldea natal de Uxío Novoreyra),..
Tamén fixemos rutas por diversos sitios,ata as fontes do Cervo e ata a Lagoa da Lucenza.
Nos alonxamos no acampamento o Courel,onde durmimos,e comimos e pasamos parte do tempo libre.
durante os días 15,16,17 de xuño.
Alí fumos a moitos lugares distintos: a Seara(e visitamos o seu mosteiro),a Parada(aldea natal de Uxío Novoreyra),..
Tamén fixemos rutas por diversos sitios,ata as fontes do Cervo e ata a Lagoa da Lucenza.
Nos alonxamos no acampamento o Courel,onde durmimos,e comimos e pasamos parte do tempo libre.
jueves, 26 de mayo de 2011
martes, 3 de mayo de 2011
jueves, 14 de abril de 2011
EXCURSIÓN A SANTIAGO
O martes 12 de abril os nenos e nenas de 6 ºB fomos de excursión a Santiago de Compostela , saímos ás 9:30 e chegamos ás 20:00. A verdade é que o pasamos moi ben, visitamos a catedral, o río Sarela, o museo do Pobo Galego, a carballeira de Santa Susana na que comimos ,paseamos polas súas rúas de pedra, estivemos en prazas coma as do Obradoiro ou a de Cervantes, no casco histórico, na praza de Mazarelos, diante da facultade de filosofía, no parque de Vista Alegre...; en fin, pasámolo xenial todos xuntos! Aínda que chegamos mallados e, ao ser martes, tiñamos cole ao día seguinte, e... ben que nos custou espertar e vir. E se os parece ben, ensinarémosvos o itinerario :
-9:00: PRESENTACIÓN DO EQUIPO DE EDUCADORES NA ESCOLA
-9:10: NA AULA, BENVIDA, PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE E GRUPO, REPARTO DE FOLLETOS E POSTAIS DE VIAXE, RECOMENDACIÓNS.
-9:20: SAÍDA NO AUTOBÚS CARA SANTIAGO
-10:15: CHEGADA A COMPOSTELA
-10:30-11:30 : VISITA GUIADA AO MUSEO DO POBO GALEGO
-11:30-12:TEMPO DE MERENDIÑA E VISITA AO PARQUE DE BONAVAL
-12:00-14:30: DESCUBERTA E INVESTIGACION POLO CASCO HISTORICO DE COMPOSTELA COA AXUDA DUN RUEIRO E OUTRO MATERIAL DIDÁCTICO
-14:30: XANTAR NA CARBALLEIRA DE SANTA SUSANA.
-16.00: CAMIÑAMOS POLO PASEO DA FERRADURA E XARDÍNS DO CAMPUS UNIVERSITARIO
-16:30-17:30: PEQUENO ITINERARIO FLUVIAL POLO RÍO SARELA
-17:50: MERENDIÑA E XOGOS AMBIENTAIS NA FINCA SIMEÓN, en VISTA ALEGRE
-19:00: REGRESO EN BUS A OLEIROS
-19:50-20:00: CHEGADA AO COLE E DESPEDIDA.
Moitas grazas a Nati e Charo, que foron as nosas monitoras hoxe, e tamén a Carmen, que nos guiou no museo do Pobo Galego e da que aprendimos o que era unha escaleira helicoidal.
viernes, 4 de marzo de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)